Requisitos de acceso
-
Ter cumpridos os 65 anos no momento do ingreso ou ser pensionistas de 60 anos.
-
Poderán ter acceso os menores de 50 anos en caso de ser persoas dependentes e cuxas circunstancias persoais, familiares ou sociais así o aconsellen.
-
En casos excepcionais poderán ser admitidos cónxuxes, parellas de feito ou parentes por consanguinidade ata o primeiro grao en liña directa dos solicitantes sen ter cumpridos os 65 anos ou ser pensionista. Abondaría con que tivese 5 anos menos da fixada para xubilarse e cumprir o resto dos requisitos.
-
Non padecer trastornos psiquiátricos que impidan o normal desenvolvemento das relacións sociais e da convivencia no Centro e non ter sido sancionado coa expulsión dalgún outro centro.
-
Darase como preferencia de ingreso a usuarios valorados como dependentes, tendo maior preferencia os de maior grao e tamén usuarios que teñan risco de sufrir dependencia nun futuro.