A gardería do Concello é un dos piares para a conciliación da vida familiar e laboral dos nosos veciños, este servizo nace da necesidade de coidado/aprendizaxe que necesitan os máis pequenos da casa non so cando ambolos dous pais traballan senon que a ensinanza regrada non recolle as necesidades de atención, estimulo e socialización que precisan os cativos nos seus primeiros anos de vida.
En vista de todo isto decideuse no 2007 comezar cun Proxecto Piloto chamado PEAPI (Proxecto Experimental de Atención á Primiera Infancia) nun pequeno local sito no baixo do Concello. A acollida que tivo este servizo foi sensacional e vistos as dificultades en canto ao manexo de tantos cativos nun local de reducidas dimensións decideuse remodelar a antiga Biblioteca como garderia, un local moi amplo e acolledor onde os/as nenos/as teñen onde correr e xogar.
Estas boas instalación e o trato excepcional aos usuarios/as fan que sexa un dos servizos mellor valorados... É un desafio para un Concello pequeno como é Boimorto poder manter un centro destas características que oferta un servizo de vital importancia para os noso veciños.
Neste centro o Concello tamen puxo en marcha unha Bebeteka, un espazo onde cativos e pais teñen un lugar de encontro onde duas veces á semana se reunen para compartir experiencias, afondar nos seus coñecementos sobre a crianza dos nenos/as, realizar manualidades, teñen actividades formativas,.... en definitiva un lugar para compartir cos seus nenos/as.
Decreto aprobación Listaxe admitidos no PAI para o mes de Agosto de 2015