* O Concello de Boimorto xunto cos concellos de Sobrado, Vilasantar, Toques, Curtis e Mesía sendo promotor Sobrado ten concedido un Obradoiro de Emprego “ O Fogar da Montaña” coas especialidades de “ Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” e “ Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. Toda persoa interesada en participar no proceso selectivo deberá ser demandante de emprego inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia e solicitar expresamente o seu interese en participar en dita selección na Oficina de Emprego de Melide.
Ven de se facer pública convocatoria de Bases para a selección mediante concurso de 1 Socorrista para a piscina municipal, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, 40 horas semanais (xornada completa) cunha duración de 3 meses.
Prazo presentación: 10 días hábiles contados a partir do dia seguinte da públicación na paxina web do Concello. 8 de xullo ás 14:00h.
Veñen de se publicar hoxe no taboleiro de anuncios a listaxe provisional de admitidos no proceso selectivo de 3 prazas de peóns de servizos minimos municipais. Enlace á convocatoria.