Actividades Agosto - Setembro 2011

* Ponlle as pilas ao teu bocata
9 de agosto de 2011 de 16:30 a 17:30 na Área recreativa da piscina municipal, se fai mal tempo trasladaremonos ao Polideportivo.
Actividade encamiñada aos nenos/as, vide merendar con nós!
A participación na actividade estará condicionada a orde de chegada.
Haberá unha xincana de obstáculos relacionados coa conservación do medio ambiente, centrándose na pesca, os pequenos elaborarán os seus bocatas a base de conservas.
* Duelirium: O que queda por chover
Domingo 21 de agosto ás 17:00 horas na Área recreativa da piscina municipal
Teatro de rúa con acrobacias aéreas, contorsións dentro dunha maleta, pirámides humanas…
* Circo Chosco
Sábado 3 de Setembro, ás 12:00 horas no Campo do Rosario. Coincidindo coa Feira Mensual
Comedia e Circo: malabares, equilibrios, aéreos, interpretación, risas, trampas e golpes
* Festa infantil.
Domingo 4 de Setembro, ás 17:00 horas no Campo do Rosario. (Se chove no Pavillón Municipal).
Haberá actividades para os máis pequenos, inchables, música, talleres e festa da escuma.

Categoría: