CANTARES DE REIS DE BOIMORTO

Este evento ten como obxectivo fundamental o de fomentar a expresión artística e revalorizar a nosa identidade cultural, intentando recuperar a tradición dos Cantares de Reis que permanece aínda viva nesta nosa comarca e en moitas outras de Galicia.
Coa intención de conservala, darlle pulo e relevancia, este Concello de Boimorto convoca para o día 3 de Xaneiro de 2016, ás 16;30 horas o XII Certame de Cantos de Reis.
Poderán participar cuadrillas de mozos/as, vellos/as ou nenos/as que se inscriban no Concello de Boimorto antes do día 24 de Decembro de 2015, chamando ó 981516 020, ou ben, mandando un correo ó enderezo silvia.cea@boimorto.es.
Interpretarán un cantar de reices cunha duración que non supere os cinco minutos e este ano, de novo, establécense tres premios en metálico, con cargo ó futuro orzamento municipal do 2016, que se reparten do seguinte xeito:

- Primeiro premio: 1.000 Euros

- Segundo premio: 600 Euros

- Terceiro premio de 400 Euros.

O Xurado estará formado por cinco especialistas en folclore e música tradicional, ademais dun representante do concello que actuará como secretario.
Ás 16:30 celebrarase o certame seguido do fallo do xurado e entrega de premios. Pregamos a chegada das cuadrillas con antelación.
Valorarase:

* Que sexa un canto de Reis tradicional, enxebre e a autenticidade da peza

* Afinación e dificultade da peza

* Posta en escena ( isto non implica, nin se valorará o uso do traxe tradicional )

Categoría: