ACTUALIZACIÓN DAS MEDIDAS EXTRAORDINARIAS DO SPEG
Como consecuencia da situación xerada pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 e co obxectivo de minimizar o seu impacto nas persoas demandantes, Emprego Galicia adoptou as seguintes medidas:
▶ NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de xuño de 2020.
▶ NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorización administrativa ou estean pendentes de presentar algunha documentación xustificativa.
▶ NON se esixirá a acreditación da procura activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
▶ Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral. O teu persoal de orientación, poderá contactar contigo, no seu caso, para citas de seguimento telefónico.
▶ Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, as prácticas non laborais, os talleres de emprego e os programas integrados de emprego.
Información recollida polo Servicio Público de Emprego na web emprego.xunta.gal
APOIOS PARA PERSOAS TRABALLADORAS ACOLLIDAS A ERTES
▶ A Xunta activa unha liña de apoios para que cada traballador/a galego/a acollido/a a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte) autorizado e que aínda non cobrara as prestacións por desemprego do Goberno central poida recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750. O convenio, acordado coas entidades financeiras, permitirá aos/ás empregados/as solicitar un adianto ata que a Administración estatal realice os pagos correspondentes.
▶ As contías dos anticipos estableceranse en función das mensualidades que cada empregado teña pendente de cobro e poderán chegar ata 750 euros ao mes, no caso de persoas con contratos a xornada completa e afección do Erte ao 100% da xornada. Se o contrato fose a tempo parcial ou o Erte afectase só a unha parte da xornada, o adianto reducirase proporcionalmente.
☎ Máis información nos teléfonos 900 815 600 e 900 815 151 e na web de Emprego Galicia (https://emprego.xunta.gal).
Categoría: