Festival de la Luz

Presentación:

 Fruto da colaboración entre o Concello e Luz Casal naceu no ano 2012 un Festival que, por uns días, fai de Boimorto o centro de atención do panorama cultural español.

  • Un evento novidoso, con artistas de renome e unha posta en escea espectacular.

  • Un evento comprometido, non so coa nosa comarca, senon que tamen coas causas solidarias.

  • Un evento social, un punto de encontro de veciños e visitantes.

  • Un evento para o ocio, actividades para nenos, xente nova e maiores acompañados de música durante toda a xornada.

  • Un evento de futuro, demostrando a viabilidad dun evento destas características nun entorno rural.    

Este é un escaparate cunha versión máis actual do rural e que ó mesmo tempo sirva para o encontro de varias xeracións con diferentes alternativas culturais, para garantir o futuro do medio rural e contribuír ao mantemento e ao impulso económico, mellorar a competitividade das zonas rurais, ao tempo que se incentiva un modelo de producción diversificado e respectuoso como medio ambiente e divulgar os proxectos productivos do rural

En definitiva, o mellor regalo que Luz lle podía facer aos nosos veciños, alumearnos coa sua luz e traer xunto con ela unha  gran cantidade de artistas que farán as delicias de todos os asistentes. E todo isto arroupado co "Mercado de la cosecha", unha nova forma de entender o Rural.

No desarrollo desta iniciativa o Concello conta coa colaboración de: